domingo, 26 de marzo de 2017

SESIÓN DE IOGA


Á volta do recreo chegamos á aula algo nerviosos e faladores, para axudarnos a volver á calma e poder traballar mellor esta semana fixemos unha sesión de ioga. Foi tan só unha primeira achega a esta práctica pero gustounos moito, porque ademais os nomes das "asanas" eran nomes de animais.
Estas son algunhas das posturas que aprendimos
A BOLBORETA
A XIRAFA
O CAN




viernes, 17 de marzo de 2017

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

HOXE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS CRUZAMOS A RUA PARA IR DE VISITA AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. E ALÍ ESTABA NADA MAIS CHEGAR O NOSO AMIGO ORBIL PARA RECIBIRNOS.

LOGO TIVEMOS UN CONTACONTOS MOI CHULO, UNHA CIENTÍFICA-BUCEADORA FALOUNOS DE UN FEIXE DE PEIXES CON NOMES RARÍSIMOS.
PERO A SÚA ESPECIALIDADE ERAN OS CABALIÑOS DE MAR, E CONTOUNOS UN FEIXE DE COUSAS SOBRE ELES, E COMO NOS PORTAMOS MOI BEN DEIXOUNOS TOCAR UNS CABALIÑOS DESECADOS QUE TRUXO DO SEU LABORATORIO EN VIGO.

DESPOIS A NOSA MONITORA LEVOUNOS A VER TODA A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS, E CLARO! A NÓS O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI O DA XUNQUEIRA 2.





sábado, 11 de febrero de 2017

Contacontos: Raquel Queizás

Este venres visitounos na biblio do cole a contacontos Raquel Queizás. Como parte dunha serie de historias para traballar emocións contounos "Xa son maior" e " A xirafa Timotea".
Deixovos un video onde poderedes ver o ben que o pasamos.


domingo, 29 de enero de 2017

Uns contacontos moi especiais

A semana pasada tivemos unha sorpresa na biblioteca do cole. Os pais de Martín Calvo viñeron a contarnos un conto ao carón da chimenea. Os nenos disfrutaron moitísimo ca historia do dragón Martiño que non era quen de botar lume pola boca ata que probou os pementos de Padrón. Unha fermosa e divertida historia que nos enganchou a profes e nenos. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.




lunes, 19 de diciembre de 2016

Bo Nadal


Esta é a nosa postal de NADAL. Os nenos e nenas de 6A queremos desexarvos con estas fotos un Bo Nadal a todos e que o vindeiro ano 2017 veña cargadiño de Amor e Saúde.
Unha aperta moi grande.


sábado, 26 de noviembre de 2016

25N, Non á violencia de xénero.

Este venres 25 conmemorábase o día contra a violencia de xénero e os nenos e nenas de Infantil da Xunqueira 2 quixeron aportar o seu gran de area.
Ademais de elaborar a mán morada para levar colgada que é sìmbolo deste dia, participaron nunha cadea humana que se formou no patio da escola xunto cos nenos e nenas de Primeiro.
Pero o mais divertido foi a grabación do noso propio reto do manequi, cos cativos e cativas quietiños coma estatuas.
Parabéns¡ Fixéstelo xenial.




martes, 22 de noviembre de 2016

PASEO DE OUTONO


ESTE XOVES PASADO TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FUMOS DAR UN PASEO POLOS ARREDORES DO COLE.



 E PUIDEMOS VER O BONITA QUE ESTÁ A XUNQUEIRA CHEA DE FOLLAS SECAS, E OS COGUMELOS SAÍNDO AO CARÓN DOS TRONCOS DAS ÁRBORES.


PERO COIDADO, NON SE TOCAN, PORQUE ALGÚNS SON VELENOSOS.



 ALGÚN E ALGUNHA ATA SE ANIMOU A FACER UN CHUVIA DE FOLLAS


.FOI UNHA MAÑÁN DIFERENTE E MOI DIVERTIDA.